Máis dun cento de persoas participan na concentración en Boqueixón en repulsa polo triplo asasinato machista cometido en Valga
O Consistorio de Boqueixón acolleu esta mañá unha concentración en sinal de repulsa polo triplo asasinato machista cometido o luns en Valga. Máis dun cento de persoas acudiron a este acto, que estivo presidido polo alcalde boqueixanés, Manuel Fernández Munín, e que contou tamén coa presenza de representantes tanto do executivo local como da oposición. …